En Bos Aires

Na Mili

Nestas imaxes podemos ver a un tío de meu pai. Chamábase Aniceto e nacera en Carleo, Outes no ano 1929. Era fillo de Aniceto e Encarnación e  tiña 6 irmáns.

Aniceto foi á escola unitaria Moledo ata os 13 anos. A esa idade foi cando comezou a traballar de canteiro, ata que marchou para a mili, o servizo militar obrigatorio (como vemos na primeira imaxe), onde foi destinado a Vitoria.

En Bos Aires

Ao acabar o servizo militar obrigatorio foi para Lleida, para axudar na construción dun encoro que durou sobre 3 anos, despois emigrou a Bos Aires. Alí comezou traballando en bares e restaurantes e máis tarde formou sociedade cunha pizzería e un bar, que logo acabou comprando e montou unha cafetería por conta propia, chamada “Luminton” nun barrio industrial en Bos Aires chamado Munrou.

Máis tarde comprou unha confitería en Mar de Prata, chamada “El Álamo” (a cal podemos ver na segunda imaxe).

Estivo 20 anos sen volver a España. Despois comezou a vir de vacacións a Galicia cada 4-5 anos.

Estivo en Arxentina ata o ano 2002  e tiña 75 anos. Como estaba solteiro vendeu todas as súas propiedades e voltou a vivir a Galicia xunta toda a súa familia. Faleceu 3 anos despois, no ano 2005.

José Francisco García Rivera 2º Bacharelato B

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s