A INVESTIGACIÓN

LECTURA DE IMAXES / ESQUEMA PREVIO

Material elaborado a partir do traballo do EDNL e o departamento de Historia do IES da Pobra do Caramiñal para a actividade: Unha imaxe, unha historia. https://imaxehistoria.wordpress.com/istoe/

Este guión para a realización dun esquema previo pretende recoller o máximo de aspectos posibles que debemos ter en conta á hora de analizar as imaxes, e a partir dos cales poderemos artellar o estudo, comentario, texto, relato, … posterior.

1.- Primeira descrición da imaxe:

Nun par de liñas faremos unha primeira aproximación xeral ao que podemos observar na imaxe.

2.- Localización temporal:

  • Ano ou época aproximada.

  • Época do ano ( se é pertinente ).

  • Etapa histórica: II República / Guerra Civil / Posguerra / anos 60 / transición…

3.-Localización espacial:

  • Nome da poboación: Porto do Son, parroquia, aldea,…

  • Nome do Lugar: rúa, Praia de …., río …., fraga de …., montes de …., etc.

4.-Aspectos naturais:

Cambios na paisaxe natural: Que había antes que agora non hai, ou que sinxelamente cambiou? Montes, praias, ríos…

5.- Aspectos urbanísticos:

Se son relevantes (cambios na edificación- edificios que seguen intactos e outros que xa cambiaron ou desapareceron-, repercusión na escena, edificios singulares: hórreos, pazos, igrexas, castros…).

6.- Aspectos persoais:

A historia persoal do(s) protagonista(s) das imaxes.

7.- Aspectos etnográficos:

Vestido vivenda traballo alimentación costumes, tradicións…

8.- Aspectos históricos. Ten que ver algo a imaxe con algunha época en concreto….?:

Guerra civil Posguerra Anos sesenta Transición

9.- Aspectos lingüísticos:

“Palabras clave”: anota as palabras que consideres máis significativas para a historia:

  • Toponimia: Nomes de lugares
  • Utensilios, ferramentas,….
  • Nomes de vexetais, árbores,….
  • Tradicións, traballos, ….

10.- Entrevista:

A partir destes aspectos que analizamos das imaxes, podemos levar a cabo unha entrevista gravada cos personaxes que aparezan nelas ou saiban algo sobre elas.

11.- A historia que vou contar:

Aspectos da imaxe que me levan a contar a historia. De entre todos os aspectos analizados previamente, escollo os máis interesantes: a historia persoal dos protagonistas, a época que se reflicte, o que están a facer, un edificio emblemático, certas palabras relacionadas coa foto…

1º esbozo de idea ( ou ideas ) sobre as que artellar a historia. Decido se a historia vai ser real, inventada.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s