Navegando en barcos alemáns

Alba Rodríguez

Meu avó chamábase Secundino Rodríguez Cameán. Sempre viviu en Queiruga, unha pequena aldea de Porto do Son, e dende moi cativo tivo un gran gusto polo mar que se convertería no seu oficio.

Naceu o 21 de febreiro do ano 1928 en Tarrío, un pequeno lugar de Queiruga. Pasou unha infancia como calquera neno da época ata que seus pais morreron cando só tiña 9 anos, quedando na vixilancia dos seus catro irmáns maiores. Xa a esa idade tivo que buscarse a vida como puido traballando pola vila. Cando medrou e viu que moitos veciños ían traballar ao mar el tamén optou por seguir eses pasos. Emprendeu a súa primeira viaxe aos 25 anos facendo longas rutas por todo o Atlántico.

En barcos alemáns 2

Nun dos descansos que tiña do barco coñeceu a miña avoa, da cal se namorou ao instante, fixéronse mozos e casaron cando tiña 32 anos. Cando tiña  34 anos naceu miña nai e dous anos máis tarde, meu tío. A vida por aquela época era dura, así que para traer máis cartos para a casa, embarcouse xunto con outros veciños nun barco cara a Alemaña. As imaxes do traballo son desa etapa da súa vida, mostra como, aínda que as condicións non eran as mellores (ás veces pasaban frío e fame), a boa relación entre os compañeiros do barco e o pouco tempo que tiñan para descansar facían que a viaxe, lonxe da súa muller e fillos, pasase mellor. Grazas a todas esas viaxes puido gañar os cartos suficientes para manter a súa familia. Pensaba que todo o que sufría nas viaxes lonxe de todos, era pouco en comparación coa alegría que sentía cada vez que volvía dunha. Os sorrisos, berros, abrazos e bicos que o esperaban na casa valían a pena para volver e facer o esforzo de marchar e que vivisen o mellor posible.

Logo de enfermar gravemente no hospital de Santiago de Compostela, tivo que deixar o traballo e decidiu pasar os seus últimos instantes na  casa na compaña da súa muller e fillos. Non pasou moito tempo ata que morreu, o día 16 de febreiro de 1975, con 46 anos. Foi un dos días máis tristes da nosa familia, meu avó marchou a quince días de cumprir os 47 anos, deixando atrás catro corazóns rotos:  unha muller desconsolada, dous fillos de 13 e 11 anos e unha filla en camiño á cal nunca puido coñecer.

Aínda agora o seguimos recordando con moito agarimo; eu, miña nai, miña irmá, miña tía e meus primos escoitamos todas as anécdotas e historias del, aínda que non todas as que quixeramos xa que miña avoa xa é maior e miña nai e meu tío eran uns nenos. 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s