En Brasil

Nesta foto podemos ver ao meu avó apoiado nunha especie de motor, cando estaba facendo prácticas de mecánico en Brasil. Segundo el contaba ía moita calor, por iso o podemos ver sen camiseta.

Sara Pouso

O meu avó, José Lorenzo, vivía en Portosín. Era o máis vello de dez irmáns. Comezou a súa vida laboral traballando co seu pai, que era armador e tiña un barco. En 1948 recibiu noticias dunha tía súa que estaba emigrada en Brasil, entón el decidiu ir para alá co fin de mellorar a súa situación económica para poder formar unha familia e comprar unha casa. Tamén aproveitou a viaxe para aprender o oficio de mecánico e así ampliar a súa formación. Facíalle compañía á súa tía, que traballaba servindo nunha casa.

Aos cinco anos volveu para atoparse coa súa moza e poder casar. Naqueles tempos non se podían traer cartos do estranxeiro, chamábanlle estraperlo, por iso os cartos que aforrou meu avó tróuxoos na sola duns zapatos que lle fixera un amigo con ese fin.

Como aquí non atopaba traballo volveu a emigrar aos dous anos de regresar a Galicia. Esta vez o destino foi Venezuela, pois naquel momento a situación económica alí era moi boa. Alí gañou moitos cartos, polo que ao retornar definitivamente comprou un coche e fíxose taxista en Noia.

Sara Pouso Lorenzo 2º Bacharelato A

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s