O tataravó en Montevideo

Esta imaxe dos meus tataravós fíxose na horta da casa, en Tarrío situada na parroquia de Queiruga en Porto do Son.

o tataravó en Montevideo 1

Nela aprécianse dous hórreos, dos cales o da esquerda xa non está. O monte que teñen detrás xa non ten tantas árbores e no recinto no que están é a actual horta dos meus avós onde agora hai árbores froiteiras e un pequeno viñedo. Na imaxe non se ve pero á dereita tiñan a súa casa que nese momento estase a reformar, deixando por dentro o estilo tradicional que tiñan naqueles anos.

Os meus tataravós fixeron a foto cando el regresou de traballar en Montevideo. Marchou o xoves 29 de agosto de 1935. É raro saber a data exacta da súa partida mais na miña casa sempre se foi de gardar todo e consérvase a día de hoxe o periódico do día da súa marcha.

o tataravó en Montevideo 2

Nas imaxes do periódico vese a data de partida. Tamén se ve que é o ABC e nomes destacados do ano como o presidente Jiménez Fernández entre outros.

o tataravó en Montevideo 3

Cando volveu de Montevideo trouxo con el o primeiro gramófono de Tarrío e posiblemente de Queiruga. Segundo conta miña avoa os rapaces xuntábanse na casa a escoitar a música. A historia detrás da foto non é nada fóra do común mais esa imaxe tan afastada aos anos nos que vivimos fainos sentir preto pois cunhas pequenas reparacións a música segue soando, iso si con menos frecuencia. O xornal que amosei está tamén gardado dentro do gramófono onde perdurará no recordo.

 Natalia Cameán 2º Bacharelato B

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s