
Estes son os meus avós, sobre os anos 70, en Francia. Debido ao pouco traballo que había na zona meu avó decidiu irse a Francia, a traballar nun barco pesqueiro, profesión que coñecía pois xa era ao que se dedicaba en Portosín.
Ao comezo foi moi difícil, contoume miña avoa. Era un lugar novo e unha lingua nova polo que custou moito adaptarse, pero grazas a súas primas (as outras 3 mulleres da foto, miña avoa é a da dereita) conseguírono. Ao ano de vivir alí, entráronlles na casa e roubáronlles moitas das súas pertenzas, mesmo o anel de voda da miña avoa. Alí naceu o seu primeiro fillo, meu tío, e miña nai, pero aos dous anos de que esta nacera volveron a Portosín, á antiga casa da miña bisavoa.
Iván Rivadulla Caamaño 2º Bacharelato A