Polos mares de América do Sur

Meu tío avó, irmán de miña avoa, estivo 25 anos traballando no mar. Empezou aos 17 anos nun barco do pobo pero aos 20 (cadrando no ano de 1964) acabados de cumprir xa comezou o seu primeiro embarque a longo prazo, que durou uns 4 meses. O primeiro levouno ata Sudamérica, lugar no que se baseará todas as súas rutas a excepción de dúas ou tres. Neses anos recorreu varios países de América do sur como Uruguai, Arxentina, Colombia e Ecuador.

Como xa comentei, el comezou aos 20 anos a súa primeira ruta. Os días previos ao primeiro embarque estaba moi nervioso e preocupado xa que ía introducirse nun mundo descoñecido para el. El recorda da noite de antes que non fora capaz de durmir polos nervios e a presión que tiña. Cando chegou o momento prometeulle a miña tía avoa, que volvería el cos cartos necesarios para realizar a súa voda, da que tantas ganas tiñan os dous.

A primeira noite no barco di que foi  a peor que recorda, encontrábase só e sen ninguén con quen falar. Era o máis novo de toda a tripulación e non se sentía ben recibido por ela. Ao cabo duns días, tres aproximadamente, xa empezaron os seus labores dentro do barco. Era o encargado de preparar todo o arsenal preciso para a pesca. Non era o único que se dedicaba a isto, senón que eran unhas dez persoas as que tiñan ese tipo de tarefa, foi aí cando empezou a falar cun dos membros que traballaba con el, Juan. Desde ese día iniciaron unha amizades para toda a vida, a día de hoxe séguense falando e sendo bos amigos aínda foron hai pouco á súa casa en Oviedo. Foi nese preciso instante cando el empezou a abrirse máis e comezar a falar co resto da tripulación. Antes de que meu tío se dese conta  xa se atopaban en Ecuador, lugar onde ían deixar a pesca realizada eses 2 meses. Tras unha parada de tres días en Ecuador e comprarlle un colgante á súa prometida chegou o momento de volver a subir ao barco e poñerse rumbo á casa. Foron outros dous meses nos que pasaron moitas cousas pero ningunha de relevancia. Á fin chega de novo á casa e pode volver a estar coa súa muller. As vacacións durarán dous meses, serán dous meses duros nos que terán que organizar toda a voda para poder realizala á volta da súa segunda viaxe. 

Tras pasar os dous meses, prepárase para empezar unha nova viaxe no barco, esta vez sen Juan, xa que unhas semanas antes rompera o tendón de Aquiles. A ruta pasa sen máis e como moitas outras que realizou durante toda a súa vida. A única diferenza coas demais é que el estaba cheo de desexo, xa vos podedes imaxinar o motivo. Ao fin remataron os catro meses e chega de novo á casa.

Por fin chega o esperado día 5 de febreiro de 1965, día no que casaran meus tíos. Tras a voda e antes do seu terceiro embarque irán de viaxe a Málaga, parece moi cutre pero naquela época os cartos non lles daban para máis.

Pasará dous anos máis navegando nesa ruta, nalgunhas non vai ata Ecuador pero si a outros países sudamericanos. Este pódese dicir que foi a última viaxe que realizará neste barco e xunta Juan. O motivo foi que no primeiro mes a súa muller deulle unha noticia que lle cambiou a vida. Ía ter o seu primeiro fillo, Inés. A fotografía que está xusto debaixo deste parágrafo foi tomada nesta última viaxe e a persoa que acompaña a meu tío é o famoso Juan. A foto foi tomada nun barco pequeno que levaban sempre con eles no outro barco, para poder baixar a pescar.

Tras rematar a ruta, meu tío deixa ese barco e espera a que naza miña curmá para continuar a súas rutas polo Atlántico. Será no ano 1968 con 24 anos cando comece a súa nova etapa neste novo barco máis grande que o anterior e con novos compañeiros de traballo. El di que as primeiras veces o que máis botaba en falta era o seu fiel amigo Juan.

A primeira ruta recórdaa como a anterior, nervioso e sen saber moi ben que facer. Neste novo traballo coñeceu a Francisco e a Mauricio, dúas persoas que o acompañaron durante os dez anos que estivo nese barco. Entre risas meu tío contoume que eles tres durmían xuntos no camarote, e que tiñan unha televisión moi cativa. Un día decidiron collela e tirala pola borda, coa intención de que o capitán lles comprara outra no primeiro porto que parasen. E así foi, o capitán comproulles unha tele mellor en Arxentina. Tras dez anos traballando nese barco despídeno. 

Foi algo que lles custou superar xa que parecía que meu tío non daba atopado outro posto de traballo, pero tras moito esforzo decidiron que ían a aproveitar para ter o segundo e derradeiro fillo, Manuel.

Ao cabo de un ano e medio meu tío volveu a embarcar nun novo e último barco durante seis anos e medio. Aquí vos deixo unha foto da primeira viaxe neste novo e máis pequeno barco.

América do Sur 2

Deste último barco vou contar historias graciosas que me contou meu tío. A primeira sucedeu nun embarque de tan só 2 meses, xa que neste novo traballo serán dous meses fóra e un na casa. Resulta que un día encontrábanse por Arxentina e estiveron parados dous días, cando unha persoa subiu ao barco sen que ninguén se dera conta e quedou escondido, tardaron unha semana en decatarse. Nada máis darse conta foron ata o porto máis próximo e deixárono alí.

Outra foi que un día  que era o cumpreanos da persoa que durmía con el no camarote toda a tripulación se confundiu  e puxeron o nome de meu tío na tarta en vez do do seu compañeiro.

América do Sur 3

E como última anécdota a que aconteceu o día dos santos inocentes, a persoa encargada de facer a comida, quíxolles gastar unha broma, e na sopa botoulles picante e todos o pasaron moi mal, pero lémbrano como unha moi boa e graciosa anécdota.

E isto é todo o que vos podo contar sobre a vida de meu tío no mar. Xa que tras este último traballo do que vos falei non volverá nunca máis a aventurarse no océano para traballar, xa que montará co meu avó unha carpintería. E así puido gozar máis da súa muller e fillos.

Esta derradeira foto que vos deixo aquí foi sacada nunha das súas moitas viaxes neste último barco no que traballou.

Noelia Iglesias Caamaño 2º Bacharelato A

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s