No Gran sol

No Gran Sol

A foto foi feita en outono do 1955 no barco do Gran Sol Bouzas, localizado no porto de Pasajes San Pedro. Nela aparecen meu avó e un can, mascota do barco, moi típico en calquera barco do arrastre da época. Atópanse no barco seguramente no momento de saída para a marea.

Meu avó emigrou ao País Vasco no ano 1953. Alí vivía nun piso con outros galegos ata que anos máis tarde foi miña avoa e alugaron un piso onde formaron a súa familia. Os cartos que aforraban era para facer unha casa en Porto do Son, aínda que se permitían algún capricho e cada vez que chegaba a Pasajes, acabada a marea, tiñan por costume ir xantar fóra coa miña avoa, miña nai e miña tía.

A foto foi feita en outono do 1955 no barco do Gran Sol Bouzas, localizado no porto de Pasajes San Pedro. Nela aparecen meu avó e un can, mascota do barco moi típico en calquera barco do arrastre da época.

Meu avó traballaba de mariñeiro,  as mareas duraban 15 días dos que dous e medio lles levaba ir e outros dous e medio volver (aproveitaban este tempo para preparar redes e outros aparellos) traballaban 10 días.

Eran 12 tripulantes: 1 era o patrón, 2 estaban na ponte, 2 en máquinas, 1 contramestre e os restantes mariñeiros. 

A forma de traballo era de dous tipos: 

-Con aparellos de fondo; collían rabada (maioritariamente), cabra, burros, congro…

-Con aparello alto: collían sobre todo pescada.

Había algunhas datas sinaladas como o Nadal onde os lances eran á cigala de sete da mañá a sete da tarde. Facían un lance pola mañá e outro pola tarde e chamábanse “lances do amanexo” e “lances de asexo” (denomínase lance ao tempo que tarda o aparello en estar no mar dende que se lanza ata que se recolle e varía dependendo da especie a capturar). Logo, cambiaban a especie a capturar e de oito da tarde a seis da mañá pescaban rabada xa que pola noite non había moita cigala.

Cando chegaban a porto descargaban o peixe e levábano á lonxa, sacábanlle o xeo e vendíano en poxa (venda pública que consiste en adxudicar algo a quen máis ofreza por el). As ovas dos peixes repartíanse entre os mariñeiros.

Cando había vento do cuadrante W con forza 9/10 non se podía traballar, os barcos poñíanse á capa. En cambio se os ventos son do cuadrante E, normalmente, intentaban traballar.

A forma de traballo agora no Gran Sol é moi diferente. Eu mesma entrevistei a algún mariñeiro actual do Gran Sol para saber a grandes rasgos os cambios que se produciron.

Antes cando saían ao mar tiñan que ir facer xeo en terra e meter caixas, estas antigamente eran de madeira, ademais os frigoríficos tiñan pouco frío e os barcos eran abertos. As manobras para virar eran polo costado do estribor e isto era unha das razóns principais polas que non se podía traballar con mal tempo, xa que ao atravesar o barco estábanse a arriscar a que houbese un golpe de mar poñendo así en perigo os mariñeiros. 

Agora os barcos son rampleros, teñen máquinas de xeo e caixas de plástico, as manobras para virar fanse pola popa polo que é menos perigoso para os mariñeiros de cuberta e conséguese así unha maior seguridade; isto para min é a diferenza máis importante.

Outra diferenza é que antes o peixe escollíase na cuberta e agora faise no pantano onde se clasifica segundo o valor e os descartes lévanse a terra pola lei de descartes marítimos, cousa que antes non existía.

Andrea Riveiro Montemuíño 

                                                                                             2º Bacharelato A  

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s