En Montevideo

O meu tío avó Venancio

Quique

Esta foto, que escollo por mor da historia que nela se recolle e polo gran significado sentimental que ten para meu avó, data do 22 se xullo do ano 63; nela aparece meu tío avó Venancio nun dos restaurantes que rexentou xunto cuns compañeiros.

Venancio foi o primeiro  fillo de meus bisavós e o seu nacemento estivo marcado polas grandes dificultades que se pasaban, tanto a nivel económico como social debido á represión. É por esta razón que, tan pronto como cumpriu os 17 anos, animado polo seu pai, decidiu emigrar a América, concretamente a Montevideo, xunto cun familiar. E foi así como un vinte de marzo de 1948 Venancio colleu rumbo a América con nada máis que unha pequena maleta de coiro e unha morea de sentimentos encontrados. Foi unha longa viaxe a bordo dun barco de vapor, uns trinta días nos que a fame e a inseguridade, debido a un futuro incerto, marcaban a algarabía da embarcación. Aínda que os comezos foron moi duros para Venancio, xa que estivo traballando como mariñeiro e camareiro, alcanzou a  montar o restaurante da foto e vivir unha boa vida, e pese a que xa  non puido volver máis, nunca conseguiu esquecer a súa amada terra galega.

Enrique Rodríguez Piñeiro 2º Bacharelato A

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s