En barcos holandeses

A imaxe que vemos é o meu avó materno, Manuel García Rego.

Tania Valiño

Emigrou a Holanda aos 25 anos cun familiar para embarcar nun Supply, buque que servía subministración ás plataformas.

Ao marchar tivo que deixar a súa familia, a súa muller, Elena, e a súa filla, Ana, de menos de un ano, para botar fóra do fogar 6 meses. No buque era mariñeiro, e realizaba quendas de 8 horas. A pesar de que no barco había persoas que eran da zona do Barbanza, lugar no que el vivía, tamén se encontrou coa necesidade de aprender o idioma para poder traballar e entenderse co resto dos traballadores.

Dende Holanda comunicábase coa súa muller mediante chamadas telefónicas.Unha vez ao mes, facía unha chamada a un bar preto da casa e alí acudían a súa muller e a súa filla para poder falar con el porque na súa casa non había teléfono.

Pasou algúns momentos difíciles, nunha ocasión levou un golpe no ventre no barco debido ao mal tempo e  quedou vivo de milagre pois un contedor esmagouno contra o barco e tivo que ser recollido polo helicóptero e operado de urxencia. No hospital permaneceu ingresado durante 15 días ata que puido vir para a súa casa, onde estivo de baixa durante 2 meses.

Aínda que co paso de tempo as mareas fóronse reducindo ata chegar a ser de 1 mes traballando e 1 mes de vacacións, rara vez pasaba o Nadal ou datas importantes cerca da súa familia. No 1983 tivo a súa segunda filla, Silvia, á que coñeceu cando xa tiña 3 meses. Tampouco estivo presente cando naceu a súa primeira neta, Tania, a súa segunda neta, Yaiza, nin o terceiro, Yerai, pero finalmente puido presenciar o nacemento da súa última neta, Naiara debido a que xa se atopaba xubilado.

En Holanda permaneceu embarcado durante 35 anos ata que no 2005 tivo que deixalo  por un problema no corazón.

Tania Valiño García 2º Bacharelato B

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s