Meu avó Vicente en Suíza no 1979

Ximena

Na miña familia houbo dous emigrantes o meu avó Vicente ou meu curmán Antonio.

 Aínda que na foto non se aprecie, é unha imaxe moi importante para a nosa familia, xa que é a única que temos del vivindo en Suíza, terra á que emigrou no 1979, deixando na casa unha muller, tres fillos e unha sogra enferma; tendo que encargarse miña avoa de sacar á familia adiante mentres meu avó se sacrificaba traballando a miles de quilómetros da súa familia.

A vida alí era moi dura. El traballaba nunha fábrica de fundición de ferro e as condicións económicas eran axeitadas para a época, pero as horas de traballo e a soidade non lle facían ben.

Traballaba dende as 6 da mañá, parando para xantar e volvendo á casa ás 8 da tarde… Aínda que como el dicía, era mellor chegar tarde á casa para ter que pasar só o menor tempo posible. 

Traballaba todos os días menos dous domingos ao mes, que polo xeral aproveitaba para ir tomar algo cun amigo español que tamén estaban traballando en Suíza.

E esa foi a súa rutina durante os seus últimos anos de vida… Parecíame moi axeitado facer unha redacción sobre el, xa que para min é un heroe que sacrificou o seu benestar polo da súa familia.

Pois ben meu avó enfermou no ano 1986 e regresou á casa para pasar uns meses e morrer aquí.

Agora vou falar de meu primo Antonio, emigrado no ano 2017, para que vexamos as diferenzas da emigración en diferentes épocas.

En Suíza 2

Meu primo foise a Bélxica convencido de que non sería fácil, pero seguro tamén de que alí lograría formarse o suficiente para conseguir levar a cabo a súa paixón, a construción de violíns. E así foi, despois de dous anos formándose conseguiu sacar o título de lutier, pero con moito esforzo por detrás.

en Suíza 3

Polas mañás estudaba e polas tardes limpaba pratos nun restaurante para sacar diñeiro e poder pagar un aluguer. Aforrou e comprou unha bicicleta para poder ir á clase e ao traballo con ela… Como vemos no 2017 a emigración tampouco era fácil porque a morriña permanece e sénteste estraño nun sitio novo, pero os avances tamén chegaron e é posíbel ver á túa familia a través dunha pantalla ou mesmo permitirte unha fin de semana poder dar unha visita, cousa que antes era impensable.

A emigración é dura, pero está claro que nada na vida, é fácil.

Ximena Louro Brión 2º Bacharelato B

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s