En Francia

https://lh3.googleusercontent.com/MgeW4o2E-J4VWs5AElcbLqztgc8E6X0JnPjzVGBfDSiUl-qxxUw3txE_rd9SBT64628dGBf0yDRXmm0QrE4HnG-oYBKDxhSGG0G3GljM5wwAsCxTWTScbtwnrBBsCAtMrbKLgtVU

Nesta imaxe podemos observar a meu avó en Francia arredor do ano 1965.

Meu avó tivo que emigrar a Francia cando tiña 28 anos. Marchou en tren acompañado de dous dos seus irmáns. Cando chegaron non tiñan traballo, buscárono e pasadas unhas semanas contratárono para traballar no monte pero nin lle pagaban nin lle levaban comida, polo cal decidiu buscar outro emprego. 

Conseguiu un posto de albanel e puideron alugar un apartamento entre os irmáns. 

Estivo traballando trinta anos de albanel co mesmo patrón, posteriormente accedeu ao posto de capataz.

Aos dez anos de empezar o seu traballo como albanel el e os irmáns empezaron a facer traballos pola súa conta, nun deses choios coñeceron un home que lles ofreceu emprego nas horas que tiveran libres mentres estiveron en Francia (vinte anos), co paso tempo fixéronse grandes amigos.

Meu avó pasaba nove meses en Francia e tres na casa. Cando volvía ao seu fogar sempre levaba algún agasallo para os seus fillos e a súa muller, a ela un bo perfume e aos fillos xoguetes, que normalmente aínda non saíran ao mercado en Galicia cando os traía. Cando estaba na casa sempre facía algunha reforma.

Moitas veces pensou en levar a familia para Francia, pero sabía que se o facía nunca volvería a Galicia.

Xubilouse con sesenta e tres anos, dominando completamente o francés, e deixando unha gran amizade en Francia que se mantivo durante o resto da súa vida, esta amizade foi con Raimond, o home que o contratou para que traballase para el nos seu tempo libre. Con este último falaba por teléfono a miúdo, incluso chegou a vir visitalo a Galicia na compañía da súa muller e todos os anos no Nadal lle mandaba un aguinaldo.

María González Olveira, 2º Bach. B

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s