No Río da Prata, Arxentina

A historia que vou narrar contouma meu avó, Joaquín González Queiruga (1937).

Seu avó emigrou a Arxentina e alí coñeceu a unha muller de orixe inglesa criada en Arxentina coa que non chegou a casar, pero si a ter fillos. Froito desta relación, naceu seu pai, Juan González González (1890). 

Cando Juan tiña 5 ou 6 anos de idade, un irmán de seu pai decidiu volver con el a Galicia, onde pensaba que a vida sería mellor para un neno. Pero Juan foise facendo maior, e ademais de botar en falta os seus pais, era un mozo de 18 anos con moita curiosidade, polo que decidiu marchar cara a Arxentina.

Púxose en contacto cunha compañía para contratar a pasaxe, e marchou el só cara a Bos Aires. Unha vez chegado a aquel porto, trasladouse ao Río da Plata onde estaban seus pais. Non tivo ningún tipo de dificultade para encontrar traballo, xa que seu pai coñecía a xente e puido metelo a traballar de mozo de descargas. 

Aínda que botou menos de 10 anos alí, a adaptación á vida en Arxentina foi fácil para el, porque seu pai levaba moitos anos alí e coñecía a moita xente.

Juan volveu a Galicia, e cos cartos que gañou, axudoulle a seu pai a financiar a carreira de Medicina. Acabou os seus estudos na Universidade de Santiago de Compostela e creou a súa familia aquí, en Porto do Son.

Irene Perol González 2º Bacharelato B

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s