En Venezuela

Luís naceu no ano 1933, polo que sufriu a Guerra Civil Española (1936/1939) e sobre todo a dura posguerra.

 Este home tivo que emigrar no ano 1954, xa que a situación que vivía no seu pobo non era a máis adecuada para o desenvolvemento dunha vida digna. Luís manifesta que neses anos a vida era moi dura, pasábase moita fame e sobre todo non había traballos cos que gañar un salario decente, e así saír da pobreza.

    Luís escolle como destino Venezuela, país en pleno desenvolvemento nesa época. Afronta a súa marcha cun curmán e varios veciños da zona. Contrata a súa pasaxe cunha compañía italiana, e sae dende o porto de Vigo nun transatlántico cara ao porto de “La Guaira”, estado de “Vargas – Venezuela” (este é o porto de entrada a Caracas). Nesta embarcación viaxaban aproximadamente 2.000 persoas de varias nacionalidades (españois, portugueses, franceses, italianos, alemáns…).

Xa en Venezuela, a Luís non o esperaba ninguén e os amigos cos que viaxou dispersáronse por varias cidades en busca de traballo. Decidiu instalarse en Caracas, fixando a súa residencia máis tarde na “Avenida de Las Mercedes”. Encontrou pronto traballo, en dous días, xa que neses anos a maioría dos emigrantes viaxaban con “carta de emigración”, carta que facilitaba os contratos laborais. Comezou a traballar na fábrica da “Mercedes Benz” en Caracas. Os seus  labores sempre estiveron ligados ao mantemento das instalacións.

    Residindo en Venezuela, sempre que podía, visitaba os países limítrofes: Colombia, Brasil e Trinidad y Tobago… Gustáballe coñecer outros países e observar os seus costumes.

A adaptación á vida do país non foi moi difícil, sobre todo porque o idioma era o castelán, e as condicións de vida eran moito mellores que as de aquí. Ao mesmo tempo Venezuela estabilizouse como democracia consolidada no ano 1958, co que se acadou unha mellora considerable das liberdades.

    A volta a vivir definitivamente en Xuño foi moi agradable, xa que pasou de ver a súa familia un ou dous meses ao ano, a vivir todos os días con eles. Luís nunca se desfixo das propiedades que tiña, xa que sempre pensou en regresar. Na década dos anos 1960 formou unha familia aquí, a cal sempre residiu en Xuño, e á que visitaba cada ano cando tiña vacacións.

    Os cartos gañados na emigración foron empregados nos estudos das súas fillas, na mellora da súa vivenda familiar e na compra dun coche que lle permitira viaxar.

ÓSCAR OLVEIRA MINIÑO IES PORTO DO SON      2º Bach.B

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s