En Montevideo

Carmen Paz Santos, irmá da bisavoa de Hugo Queiruga, naceu en Corzo, unha aldea de Caamaño no ano 1938. Sendo moi nova, aos 17 anos, emigrou a Montevideo (Uruguai) e residiu alí durante 11 anos, desde 1955 ata 1966.

Por aqueles anos España estaba na ditadura e como consecuencia había moita fame e pouca oportunidade laboral. A Carme presentóuselle a oportunidade de viaxar ata Montevideo de casualidade: un irmán seu, Juan, quedou a vivir alí despois de desembarcar dun barco no que ía de polisón. Desde alí “reclamou” a outro irmán, Manolo, e este “reclamou” a súa muller e filla, oportunidade que aproveitou Carme para viaxar a Montevideo con elas.

En Montevideo, primeiro viviu de aluguer e comezou a traballar facendo labores de costura pero como gañaba pouco diñeiro decidiu cambiar de traballo. Foi entón cando unha muller, amiga e veciña de Galicia que traballaba de serventa nunha casa, lle conseguiu traballo como neneira, traballo que realizou desde 1956 ata 1958. Na actualidade recuperou a amizade coa nena que coidou grazas a que unha das súas fillas a localizou a través de Internet e falaron por vídeo conferencia.

En Montevideo coñeceu ao seu marido, un mozo galego de Porto do Son, que traballaba como chapista de coches. Alí casaron e mercaron unha casa con terreo e tiveron a dúas das súas fillas.

En 1966 volveron a España para establecerse en Pasaxes, San Sebastián, onde compraron un piso e montaron un taller de coches. Cada verán regresa a Porto do Son onde aínda ten moita familia.

Hugo Queiruga Torres 2º A ESO

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s