En Donosti

https://lh5.googleusercontent.com/w7QHazPZfn0yIv2Xi7oSlmRDhsOw9Tw-n2qzi9IcO3spAUslJ-I7erEO8SJUpxSfcfJBBnaNHa9G1BZSaLKocoJ4OJPTNEqBxrB-Pci88a2XAQnhpwHPWMFaiSqX2PJ_AUWP5pTu

En 1970, José con tan só 17 anos xa se encontraba en Donosti, alí non fora para pasar o tempo  senón que marchara do seu fogar, do carón dos seus pais para ir traballar ao mar. Na casa onde el nacera, en San Pedro de Muro, eran labradores, traballaban cos animais que había na casa e as terras. Nunca traballara no mar e por iso el encontrábase sen saber nada do mundo que lle agardaba…

Non marchara só senón que el mais uns amigos veciños atoparan esta solución para poder axudar as súas familias economicamente. José pedíralle a seu amigo Juan, co que vivira tantos anos porta con porta e co que agora compartía casa mentres traballaban en San Sebastián, que lle sacara esta  foto para mandárllela a seus pais e aos seus irmáns máis pequenos. El só quería que visen que se encontraba ben e dicirlles que pronto volvería á casa.

Dedicábase á pesca de atún e, aínda que se encontraba a gusto no traballo, volvía cada pouco á casa. Pasaran xa 19 anos e José seguía alá. Tiña unha casa propia e de vez en cando volvía á súa terra, que nunca esquecera, para visitar os seus ata que pouco despois morre no mar.

A día de hoxe Juan, o seu amigo,  segue vivindo en Donosti, e cada verán, dende que marchou, volve ás súas raíces coa súa familia para non esquecer a súa querida terra e para que as súas fillas a amen tanto coma el.



Saray Alboreda, 2º Bacharelato A

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s