En Alemaña

https://lh4.googleusercontent.com/8IQqfg82CSG3l_FqpIIX344Ohj9QJQUEM4ihVjkYmeei0oMro3-tVjthtRyMjdqAGUuJwrh3WK2X4m0tVWPkLRNaoPWTEEP6ALZcnAGbi__yqZpoBf2fgobPzswl36Djkw7o1mqG

Esta historia contouma meu avó Germán Caamaño López, o home que podemos ver na foto.

O 10 de agosto de 1969 meu avó marcha a Alemaña con 24 anos porque en Galicia había pouco traballo e gañábase moi pouco. Alí estábao esperando a súa irmá. 

Os dous primeiros anos traballou poñendo vías do tren e despois nunha campaña facendo azucre.

En 1971 volveu a Galicia e uns anos despois casou coa miña avoa Carmen. En 1973 marcharán os dous para Alemaña. Meu avó comezará como empregado nunha fábrica de química, onde traballaban o bruto do calcio e do magnesio. Alí estivo corenta anos realizando esa actividade ata a súa xubilación.

En 1974 nace o seu primeiro fillo, meu pai, e un ano despois nacerá meu tío. No ano 1976 volverán a Galicia de vacacións e terán a súa terceira filla.

Marcharon todos xuntos para Alemaña e en 1980 meu pai e os seus irmáns virán a vivir a Mazaricos durante catro anos cos seus avós. Mentres, miña avoa traballaba nun hotel en Alemaña e os cartos que gañaban aforrábanos para facer unha casa en Galicia.

En 1985 cando a casa xa estaba feita, miña avoa volve a Galicia e vivirá alí cos seus fillos, cos cales ía no verán a Alemaña para visitar o meu avó. 

Cando meus pais e meus tíos xa tiñan as súas vidas formadas, miña avoa regresará a Alemaña. Alí traballarán os dous ata o 2010, ano no que volven definitivamente a Galicia.

Claudia Caamaño Vázquez 2º bacharelato

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s