A emigración en América

C:\Users\pc\Pictures\2019-10-20_173624.jpg emigración.jpg

Manuel Crespo Mariño é un veciño de Xuño que emigrou a América no ano 1975, unha idea á que lle levaba dando voltas desde había xa algún tempo. EE.UU foi o seu país de destino, pois alí xa tiña coñecidos que lle contaban que podía encontrar traballo con bastante facilidade.Naquel momento encontrábase enrolado nun barco noruegués e aproveitou que  este atracou no porto de Nova York para quedar alí. Marchou só, deixando a toda a súa familia aquí. Cando chegou esperábano dous coñecidos, un de Xuño e outro de San Pedro, que era cos que xa estivera en contacto. Instalouse con eles en Newark  (New Jersey) que como é sabido coñécese como a pequena Galicia pois alí chegaba a xente galega en busca dun novo futuro. Ata co idioma non había moito problema, porque sempre encontrabas con alguén que che entendera.

Cando chegou, non tardou moito en encontrar onde traballar, pois xa os seus amigos o tiñan informado onde lle podían dar traballo, sobre todo a través doutros galegos. Tivo que coller aqueles que tiñan bastante risco como podía ser estar encima dunha especie de estadas de  altura indefinida que se utilizaban para a limpeza e construción de rañaceos. Acabou acostumándose pero moitas veces pensaba en que sucedería se lle pasaba algo pois el estaba no país ilegalmente.

A experiencia da emigración si influía nas súas condicións de vida porque non tiña a súa muller e os seus fillos, que eran pequenos, con el. Aínda que por sorte a súa muller puido visitalo algunha vez, feito que era un pouco raro daquela.Tivo que pasar anos sen velos e incluso moitas veces sen saber como estaban ata que lle chegaban as cartas, porque naqueles anos en Xuño non tiñan teléfono nas casas. Tamén se traballaba moitas horas  incluso sábados e domingos. Fixo por adaptarse ao país, pero a verdade é que el estaba alí por traballo e poucas cousas máis lle preocupaban.

Cando volveu a España adaptouse perfectamente, como se nunca se fose, e por encima tiña unha situación económica mellor que cando marchara. Sempre tivo a idea de regresar, non tiña pensado pasar o resto da súa vida alí. Non tivo necesidade de vender nada, nin pensou en facelo. Cando retornou montou unha empresa de construción por si mesmo e tamén levantou un edificio para aluguer de vivendas  e locais comerciais.

Manuel Laranga Olveira 2º Bacharelato B

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s