Detrás delas vese a horta

Esta fotografía tomada en Laxes de Noal (Porto do Son), mostra a visión que hai dende a beirarrúa da miña casa.

Na parte esquerda, ao fondo da foto, encóntranse as casas dos veciños así como un poste da luz.

Mirando agora ao lado dereito podemos ver, entre outros elementos, o hórreo da casa cheo de liquens e cun tellado en mal estado que o afean.

A111   No plano frontal podemos ver a miña irmá (cun abrigo “beige”) coas súas amigas apoiadas na varanda de ferro e sobre un chan de cemento. Detrás delas vese a horta coa terra removida.

Esta outra foto está tomada no mesmo lugar pero na actualidade (23 de maio de 2015).

Na parte esquerda, ao fondo da foto, podemos observar que unha casa foi pintada doutra cor.

Na parte dereita, destaca o hórreo que foi limpado con auga a presión e eliminado o tellado que posuía por Sin título-4cemento pintado dunha cor semellante ao das tellas. Nesta foto a diferenza da anterior podemos observar bastante ben o monte do fondo, o cal posúe unha base militar.

No plano frontal, aínda que agora non se ve a ninguén, podemos ver unha beirarrúa onde só había cemento. Detrás da varanda podemos observar que a horta ten moitas plantas, e entre elas destaca a pataca.

A plantación de patacas anual que facemos, permítenos manternos delas normalmente todo o ano, pero as malas colleitas ou que estas podrezan no faiado, fai que ás veces non as teñamos todo o ano.

Cando se van recoller as patacas, adoitan acudir alguns veciños a axudarnos xa sexa coa maquinaria para abrir a terra ou co seu traballo. Este feito demostra a axuda mutua que leva perdurando en sitios como Galicia dende sempre. Para agradecer a súa axuda, dámoslles de comer. Tamén lles regalamos uns sacos de patacas tendo en conta a colleita dese ano.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s