Uns quintos a finais do 64. Remataban o servicio militar obrigatorio, tres anos. Un deles era meu avó Manuel. Fixo a mili en Cádiz.
Eran todos de variadas partes de España e cun deles mantivo amistade para toda a súa vida. Chámase Julio. Era camioneiro e cada vez que pasaba por Galicia viña visitalo.
Pertencían ao Equipo Naval de Playa. O que facían era desembarcar buques, andar cos barcos e vehículos. Esta foto é de cando remataron a mili e están contentos por volver á súa casa.
Meu avó antes de ir á mili namorouse da que sería miña avoa Rosa María. Cando veu cumprido prometeuse coa miña avoa e ao ano casaron. Ela tiña 15 anos cando se namorou e con 17 anos casaron.
Foi unha voda coa família e amigos. Despois duns 11 meses tiveron o seu primeiro descendente: o que sería meu tío. E 3 anos despois naceu a miña nai.
Paula Santamaría Torres