O avó, os tempos do mar

Sin título-1Nesta imaxe podemos observar ao meu avó recollendo a rede dun barco. Ocorre no ano 1964 en Cádiz. Antes de ir para alí estivera traballando na Coruña e no Gran Sol. Viviu un ano en Cádiz e ía pescar a Cabo Blanco, en África, pero alí non baixaban ao porto pois paraban nas Palmas e en Tenerife. O que pescaban practicamente era pescada e rape, pero collían todo tipo de peixe.

O meu avó tivo que marchar para Cádiz con 22 anos, xa que en Galicia había pouco traballo e el precisaba o diñeiro para manter a familia. Nesa época aínda non coñecera a miña a avoa e ela tería uns 15 anos e vivía en Portosín. A esa idade xa deixara de ir á escola porque seu pai morrera cando ela tiña 4 anos e como eran tres irmáns debía axudarlle a súa nai indo á fábrica de conserva para que puideran comer algo.

Na imaxe atopábase recollendo a rede e nese barco eran todos galegos. Antes non era moi normal que houbera estranxeiros nos barcos e meu avó só coincidiu unha vez con dous españois que non eran galegos, senón vascos. Xa de casado aínda foi ao estranxeiro como mariñeiro; algúns deses sitios son: Suecia, Dinamarca, Islandia, e Canadá. Pero el xubílase sendo transportista e non mariñeiro.

Na actualidade non se usa a ferramenta que está utilizando meu avó, agora hai máis proteccións e xa se fai todo con tecnoloxía e non á man coma antes. E os mariñeiros polo tanto están máis formados.

Silvia Tobío, 4º B

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s