Un traxe de gaiteiriña

paifillacristianAno 1971 en Porto do Son. Manuel. O meu avó, tiña 47 anos, e miña nai, Mari Carmen, 7. El viste coa roupa de todos os días, mentres que Mari Carmen leva un traxe de gaiteiriña. Era o costume no día de Corpus. Daquela, había xente que se podía vestir desa forma ou co típico traxe de mariñeiriño e ían botar uns versos á igrexa.

O ANTIGUO PEIRAO DE PORTO DO SON

No século XX, o peirao era moi diferente do que temos agora. O mar chegaba a onde actualmente está a praia do Cruceiro e ata onde agora está a explanada do porto. Unicamente había un faro, que estaba situado xusto en fronte do Bar Moreira. A rampla e o surtidor, que están á beira da praia do Cruceiro, aínda nin se empezaran a construír. E a zona onde está o faro, era unha zona na que había unha división de embarcadoiros.

Ese barco que aparece na foto é o barco de Manuel ao que bautizou como “O Salmón”. Era unha pequena planeadora que posteriormente foi vendida.

Manuel Rey naceu en 1924 en Aguiño, Ribeira. De profesión, escolleu ser mariñeiro e durante case un século tivo un alcume que aínda segue nomeándose : O Bicho.

peiraoEn xaneiro do 1949 casouse con Carmen Lorenzo Maneiro (a miña avoa) e en novembro dese ano tiveron á súa filla Xosefina (a miña tía) e no 1953 tiveron a Manuel . Finalmente tiveron á miña nai no 1963.

Por desgraza, Manuel o pai tivo que asistir ao funeral do seu fillo que enfermara de cancro cando ía alistarse na mariña en 1977.E xusto dezaseis anos despois , en 1993 el tamén faleceu de cancro. Finalmente , a súa viúva Carmen morreu no ano 2014 aos noventa e un anos de idade tras loitar desde contra un derrame cerebral.

Cristian Cernadas Rey

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s