Antes e agora.

sheila alonso segade sheila alonso segade1Isto é detrás do Centro de Saúde de Porto do Son. Á esquerda eran os anos 40 ou 50, na ditadura franquista. Nesta imaxe inmortalízase unha paisaxe sobria e sen edificar, nela encontramos unha costa marítima, unhas leiras aparentemente ben traballadas e coidadas, valos e alprendes que se utilizaban para gardar utensilios de labranza. Á dereita estamos no 2015, no mes de marzo, nela pódense percibir os cambios na paisaxe, (os máis drástidos leváronse a cabo a partir dos anos 80), como a construción sen control de casas, edificios ou centros públicos. Podemos ver as leiras a campo ( xa non se traballan e, polo tanto,  están descoidadas) e tamén como as pequenas construcións que había antes están destruídas.

shelia

shelia1

A  primeira fotografía está situada no actual porto de Porto do Son, nos anos 40 ou 50. Podemos observar que os edificios son máis baixos e menos numerosos comparado coa imaxe actual. Algúns deles foron remodelados como o que se ve na parte inferior esquerda que antigamente era unha fábrica e agora é un edificio de vivendas, ou o que vemos na parte inferior dereita, un edificio cun tellado en forma triangular, que  antigamente era o cuartelillo da Garda Civil e agora foi remodelado e convertido nunha tenda de “Cadena 100”.

Outra das cousas que se pode destacar é que antes non había porto tal e como o coñecemos. Se miramos a fotografía  máis recente podemos ver o porto actual onde atracan barcos de diferentes clases e tamaños.

—————–

sheila222

Esta imaxe dos anos 1920 foi feita na fin da ditadura de Primo de Rivera. Está situada en Porto do Son anque non se sei exactamente onde. Como se pode ver é un retrato no que aparecen catro homes, todos eles da mesma familia. O que se encontra arriba, a man esquerda, é o meu bisavó (que aquí tería uns vinte anos); ao seu carón o seu pai, é dicir, o meu tataravó; por debaixo deste último está o seu cuñado e ao seu lado un curmán do meu tataravó. Eran labradores, anque nalgunhas ocasións o meu tataravó tamén se dedicou a ir ao mar e traballar como mariñeiro.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s