A mata na casa

becerriñoNa foto pódese ver a meu avó por parte paterna matando un pucho cando facelo na casa aínda era legal (falamos de hai uns 20 ou 30 anos ó mellor). Seguindo a tradición que pasou de xeración en xeración, primeiro dábaselle cunha bandarria, un martelo de dimensións considerables e que pesa entre 7 e 15 kg, na cabeza coa forza suficiente como para escacharlla. Desta forma pénsase que o animal xa non sente (todo isto débese facer co animal calmado e o máis rápido posible pois, se fan falta dous golpes ou máis na cabeza para deixalo aparvado, este asustarase e o sangue callaráselle, fecendo que moita carne quede inservible). O segundo paso e máis complicado é cando se “fura” o animal coa intención de extraerlle tanto sangue como sexa posible (é complicado pois se se apunta mal deberase facer outro furado, alargando a tensión do momento). É agora en que se fotografía ó meu avó. Co coitelo aínda na man, achícalle o sangue estimulándolle o corpo coa perna dianteira do animal.

Facer isto agora nas casas dos donos está mal visto ante os ollos da lei e está penado por violencia animal e por delito para a saúde se a carne está destinada á venda (pois non recibe os tratamentos que se lle darían nun matadoiro). Moita xente cunha explotación bovina na casa e que ten as vacas destinadas ó consumo propio o que fai é dar de alta unha ou dúas, que son as que recibirán as visitas do veterinario. Se o veterinario dictamina que están sans, os puchos poderán ser asasinados clandestinamente; se o veterinario dictamina que teñen algunha enfermidade, deberán encontrar a forma de curar todo o rabaño ou desfacerse dos enfermos non dados de alta na Oficina Agraria da Xunta.

Angel García Mariño

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s