A este lugar chamábanlle a Comboa

Sin título-2Esta foto foi tirada hai unha chea de anos en Porto do Son, durante unha procesión do Carme, xa choveu, pois os barcos xeiteiros ían a vela ou a pan de millo (remo), aínda que empezaban a aparecer os primeiros barcos a motor.

Este era o aspecto que tiña Porto do Son hai uns 80 anos, co noso pequeno porto pesqueiro, onde os barcos entraban polo “jorjoso” para se gardar ao abrigo, protexéndose dos vendavais e as marusíasSin título-3

A este lugar chamábanlle a Comboa, e era (segundo os meus pais) o sitio máis fantástico do mundo para xogar os nenos. Alí podías ser un pirata, un buscador de tesouros, ou un vello mariñeiro, xogando entre os barcos, saltando de uns a outros, ou pescando con liñós ou con “jixeiros” zapatos vellos dende o releixo.

Nesta outra, moito máis actual, (terá uns 60 anos) podemos apreciar a rampla, por onde se subían os botes para se arranxar, e como eran as típicas casas dos mariñeiros, (hoxe en día case ningunha se conserva) ás que chegaba o mar nos crus días de inverno. Tamén podemos ver o empedrado do peirao, ao que lle chamaban “muelle nuevo” e que era o centro da vida mariñeira. Agora a isto chámaselle o recheo, porque foille comido ao mar.

Os coches brillaban pola súa ausencia e os nenos eran felices correndo por todas as rúas e xogando a “tres marinos a la mar”, ou ás agachadas.

TERESA IGLESIAS GONZÁLEZ

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s