A dársena sonense coñecida como “ A COMBOA “

peiraoVarias embarcacións tradicionais ( bucetas, lanchas do xeito, volanteiras, dornas e un balandro ). Ano 1906.

Como podemos ver na foto a dársena sonense coñecida como “ A COMBOA “ está prácticamente en seco, como acontecía a cotío na baixa. O porto fora construído antes do 1774,  dende sempre foi coñecido como “ A COMBOA “. Tiña a curiosidade dun rebaixe de pedra para subir ás embarcacións cando se producía a baixamar, coñecida popularmente como “ releixo “.

Producíronse grandes cambios en canto o aspecto natural desta paisaxe, xa que esta dársena, prácticamente desapareceu na súa totalidade. No seu lugar agora aparece unha zona de recheo e un dos novos peiraos de Porto do Son. Destacar que agora nunca queda en seco porque se gañou terreo ao mar.

Os cambios urbanísticos son evidentes, se observamos a imaxe actual que presenta esta zona. Onde había uhna dársena constituída por dous peiraos de pedra, agora hai unhas grandes zonas de recheo, novos muelles, pantaláns, lonxa vella, hoxe en día ( clube dos xubilados ), lonxa nova, naves de usuarios ( para gardar aparellos e pertrechos ) e nave das redeiras.

Observando a imaxe, vemos que aparecen alomenos catro tipos de embarcacións tradicionais a vela que surcaron as rias pero que lamentablemente fóronse abandonando paseniñamente ao longo do século XX, como as xa mencionadas: balandro ( a única de dous mastros), a dorna ( situada á esquerda ), as bucetas ( as máis pequenas ), as lanchas de xeito ( situadas ao fondo e a dereita ) e unha volanteira.

Ademáis das embarcacións mencionadas no punto anterior, tamén aparecen dous mariñeiros, situados nas primeiras embarcacións, vestidos con roupas de comezos de século e cuberta a cabeza coa típica boina. Ollando a fotografía dedúcense moitos aspectos históricos, onde vou a destacar algún importante.

Os comezos do século XX son anos de transición entre o final do XIX e conflictividade social. Daquela pescábase sardiña, merluza, abadeixo e congro. Todo en grandes cantidades chegando a haber máis de 200 embarcacións, a maior parte delas asociadas aos almacéns de salgadura que levantaron nesta vila os fomentadores cataláns e algúns outros armadores e empresarios. Tamén foron anos no que os franceses destrozaron os aparellos das embarcacións de Porto do Son. Xusto nese ano ( 1906 ) produciuse o apedreamento da traiñeira “ ARCA DE NOÉ “ cando atracaba nun dos peiraos de Porto do Son.

Resulta interesante destacar palabras relacionadas coa temática da foto

COMBOA. Probablemente en orixe puido ser unha camboa, que é un pequeno recinto de pedras a xeito de lagoa do litoral mariño ao subir a marea.

RELEIXO. Rebaixe do muelle para acceder aos barcos na baixamar.

BALANDRO. Embarcación alongada, con cuberta, un ou dous paus e unha ou dúas velas altas de forma triangular.

VOLANTEIRA. Barco de pesca que emprega normalmente a arte da volanta.

BUCETA. Bote pequeno de remo e velas coa proa idéntica á popa.

DORNA. Embarcación de pesca de orixe antiquísima, coa proa redonda, popa chata e a quilla pronunciada, provista dun único mastro, onde levaunha vela, ainda que tamén pode ser a remo.

LANCHA DO XEITO. Embarcación pequena utilizada para a pesca.

A foto elixida me leva a facer unha entrevista relacionada con esta vila. Realicei a entrevista a miña avoa, RAMONA MANEIRO AGEITOS, de 84 anos de idade, coñecedora dos aspectos que aparecen na foto.

1. Lembras que barcos había cando ti eras pequena?

– Home, moito non, sei que para as fábricas traballaban as lanchas do xeito e que os donos das fábricas tiñan galeóns.

2. Lembras algún barco especial para o Son?

– Si, home, o MARÍA TERESA, que ía e viña a Vigo, traendo e levando cousas e tamén xente.

3. Ademáis dos almacéns dos cataláns, recordas algunha fábrica que houbera no Son?

– A de conservas na praia de Pérez La Fuente e a dos vaqueros.

4. Traballaches nalgunha fábrica das que diseches?

– Si, na de conservas que construiu Pérez La Fuente.

5. Nos barcos que diseches traballaban moitos mariñeiros?

– Moitos non, catro ou cinco. Meu pai contoume que nas volanteiras ían ata 18 mariñeiros.

6. E naufraxios, lembras algún?

– Ai, si, lémbrome do “ Elvira “ un barco que ía a Vigo e que naufragou polo camiño no ano 1948. Morreron oito homes. Foi unha desgraza moi grande

7. Como vestían os mariñeiros?

– Ui, os que tiñan cartos levaban roupa de augas e o sueste (sombreiro). Outros ían con roupas vellas e botas, pero tamén había mozos que ían

8. Todos estes barcos son a vela, non si?

– É que antes todos ían a vela, que se facían con lenzo. Había que poñelas a

9. Traían moitos peixes?

– Si, oh. Sobre todo sardiñas. Os máis vellos dicían que había tantas que atracaban nas praias. Tamén traían merluza, abadeixo, congro, polbo…

10. Lembras como era antes o porto?

– Case non me acordo, pero había dous muelles de pedras pequenas que caían cos temporais e había que subir á praia os barcos para que non os destrozase o mar.

Esta imaxe me leva a contar unha historia ocurrida en Porto do Son na

Unha vez cando o balandro “MARÍA TERESA” regresaba ao Son polo ano 28, chocou cunhas rochas que había na entrada coñecidas coma “O PEITO”. Como viña cargado non flotaba. Intentaron poñelo a flote de moitas maneiras, mesmo turrando con carros de bois e vacas. Finalmente un carpinteiro de Ribeira que había no Son puido meterlle nas adegas varios bocois de viño baleiros e turrando as mulleres e os bois puxéronno de novo a flote.

Daquel naufraxio quedou unha copla de entroido que se cantaba a miudo e que dicía así:

O “MARÍA TERESA” embarrancou no PEITO,

dixeron os homes que estaba ben feito.

Houbo unha vergonza en Porto do Son,

turraron as mulleres e os homes non.

JORGE ROMERO FERNÁNDEZ

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s