Imos de festa.

belendios1

Esta fotografía presenta unha vista dende o porto de Porto do Son dos anos 70 na que podemos contemplar o camiño da igrexa, ao fondo, e as pedras do peito, hoxe maioritariamente cubertas polo recheo do parque, peirao e a actual praia da vila, chamada “Praia do Cruceiro”. Actualmente o camiño da igrexa é un paseo marítimo que nos permite gozar dunha vista panorámica do Porto do Son, coa praia, o peirao os faros, o parque e o paseo; gozando das vistas do mar con Muros e Monte Louro ao fondo. Nesta foto observamos un barco chamado nos seus tempos “Nere”, pertencía a meu bisavó, que era pescador, como era típico antes e agora, xa que belendios11somos terra de xente mariñeira.
Na segunda foto podemos observar o mesmo barco, o Nere, entrando no peirao( hoxe desaparecido e substituído polos novos pantaláns) tras un día de traballo.
Ao fondo da imaxe podemos ver as casas da vila ao pé do mar, que hoxe en día están separados polo paseo marítimo e uns pequenos xardíns.Observamos tamén a antiga praia do Malecón, hoxe en día desaparecida pola ampliación do paseo marítimo e os pantaláns.
Festividade da patroa dos mariñeiros, a Virxe do Carme. Os mozos do pobo que a belendios111levan en procesión  vestidos de mariñeiros.
Na segunda foto a procesión xa dera rematado e os mozos portadores da Virxe descansan e prepáranse para a posterior celebración da sesión vermú, con música dunha orquestra.
Outra celebración de prestixio naqueles anos era a de San Vicente, patrón da vila de Porto do Son. Celebrada xunto coa do Nazareno; xa que á imaxe deste Santo precédelle unha historia particular, na que uns mariñeiros da vila a piques de naufragar fixeron a promesa de que si se salvaban, comprarían a imaxe do Nazareno como mostra de agradecemento á atención da súa súplica.belendios11111
Estas fotografías presentan a celebración de San Cristovo, actualmente desaparecida, na que todo tipo de vehículo que asistía á procesión (coches, motos, bicicletas…) adornados con flores eran bendecidas polos curas. A pocesión ía polo Malecón, co Santo levado por un coche e seguido dos vehículos que asistían para seren bendecidos. Cunha vista parcial da praia do Malecón e do antigo peirao, con Monte Louro ao fondo.

Nesta imaxe vemos a xuntanza duns amigos na sardiñada da festa do Loreto, no campamento. Esta festa perdura hoxe en día e cada ano é máis popular e asiste  xente de toda a comarca.Un deses homes, o do medio, é meu bisavó, xa mencionado anteriormente belendios1111111por ser mariñeiro da vila e dono do Nere.belendios01 A festividade do Loreto celébrase no mes de setembro, canda as festas máis típicas desta vila, as festas do Carme.
Esta última fotografía foi sacada dun xornal de hai uns anos, que facía memoria das tradicións da vila. Sorprendeunos unha na que aparecen unhas veciñas do pobo traballando como redeiras arranxando as redes dos mariñeiros; xa que a muller máis nova, vestida de branco, parecéusenos a miña avoa, arranxando as redes de seu pai mariñeiro.

Belén Dios Mayán

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s