Baile na casa de Simón.

bailesimon

Baile na Casa de Simón.

Tres mulleres sentadas nunhas cadeiras. dentro dun edificio de Porto do Son. celebran o Baile de Simón.

Esta fotografía será de 1968, cando as mulleres da foto tiñan uns vinte anos. Este baile foi no inverno, cerca das vacacións de Nadal, na casa de Simón, ou Casa das Tarelas; xa que era coñecida cos dous nomes.

Anos despois, o local pechou, e posteriormente abriu un cine e logo unha discoteca. Agora mesmo non hai nigunha desas tres cousas. É un edificio de vivendas cerca da Praza de España.

Miña avoa, unha das mulleres da foto, contoume que ese baile era un dos mellores do ano. Aínda que había bailes todas as semanas, ningún se comparaba a ese. Era unha noite na que se bailaba ata altas horas da madrugada, bebían algo na cafetería que había alí dentro e tiraban moito confeti como se ve arredor do pescozo das mulleres da foto.

Como se aprecia na imaxe, a maioría das mulleres levaban saia, pero non como as de agora, senón unha saia polo xeonllo (non mais arriba…), un xersei, unha chaqueta, xa que era inverno e alí non tiñan calefacción, e uns zapatos  cómodos con algo de tacón cos que puideras aguantar toda a noite bailando.

Neses tempos as mulleres só traballaban as terras ou quedaban facendo as tarefas da casa xa que os traballos pesados os facía o home, como na actualidade; é un dicir.

Miña avoa recorda ese baile como se fose onte, xa que como ela me dixo, esperaban ese día “con moito entusiasmo”.

Silvia Calo García

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s