A malla.

Nesta fotografía aparecen dúas mulleres mallando no trigo no ano 1948 durante a ditadura de Franco, na Posguerra.

A imaxe foi quitada nunha leira chamada “o Torrolal”, nunha aldea de Portosín, en Porto do Son. Alí encóntrase unha casa (que se pode ver ao fondo) que na actualidade está abandonada e a leira, que hoxe non se traballa. As dúas mulleres que aparecen son a nai e a avoa de meu avó.

Naquela época a vestimenta que se adoitaba levar nas mulleres, como mostra a imaxe, era saia ou vestidos longos de Miriam 1º Baccores pouco chamativas, chambras ou xerseis e sombreiro de palla; nos homes, pantalóns de pana e camisas.

O seu traballo era o coidado de animais (porcos, galiñas, vacas, etc) para logo podelos vender no mercado, e o coidado de leiras onde cultivaban vexetais, para logo ser alimento de toda a familia. Adoitaban sementar patacas, trigo, millo, centeo… entre outros. Ademais moitos homes ían ao bacallau ou outros peixes a Terra Nova, Gran Sol ou ían ao mar cerca da costa. Moitas veces, cando se facían actividades na terra (botar patacas, millo…) chámabase aos veciños para axudarse uns aos outros. A actividade que aparece na foto non requería moita axuda de veciños e facíano entre os da familia. Mallar o trigo consistía en poñer nunha eira de cemento o cereal e logo golpealo cun pau, chamado manllo. Era habitual cantar cancións mentres facían este tipo de traballos.
Como consecuencia da Guerra Civil, moitas familias non tiñan nin para comer, e sobrevivían grazas aos legumes que cultivaban e ao gando que mantiñan. Ademais, existía unha cartilla ( a cartilla de racionamento) para que, ao ir ao Concello, se lle dera unha ración de comida á familia.

Miriam Queiruga Piñeiro

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s