A Ghorghosa

 

Un grupo de persoas levan na procesión a imaxe de Santa Mariña da Gorgosa

Un grupo de persoas levan na procesión a imaxe de Santa Mariña da Gorgosa

Nesta imaxe podemos observar como levan en procesión a imaxe de Santa Mariña da Gorgosa o día da festa. Ao fondo, o pico do monte de San Lois.
A imaxe foi tomada o xoves de Ascensión, a mediados de Maio na década dos 70, en plena transición, entre a morte de Franco en 1975 ata o comezo da Democracia no ano 1978.
A ermida da Gorgosa, pronunciado Ghorghosa, pertence á Parroquia de Camboño, no concello de Lousame, na pequeniña aldea de Naval, que é unha das dez aldeas nas que se divide a parroquia.
As mulleres e mozas que levan a imaxe da santa dispóñense a meter a imaxe dentro da capela. Hoxe en día o exterior da igrexa segue igual que naqueles anos, pero no seu interior realizaron unha serie de cambios, que foron os seguintes:
– Debido ao deterioro da pintura do interior da ermita o actual sacerdote mandou pintala.
– Hai uns anos restauráronse todos os santos da parroquia, tanto os que están na capela como os que están na igrexa parroquial.
Como xa citei anteriormente a foto sitúase na capela da Gorgosa. Preto corre unha fonte. Segundo se conta, a súa auga é moi curativa para diversos tipos de doenzas.
Dentro do santuario, concretamente na sancristía, hai gardada unha táboa do século XVIII que doou un home da parroquia. Segundo conta a lenda o home estaba moi enfermo e o día da festa ofreceulle á Santa os seus bois a cambio de que o curase. Como a santa cumpriu coa súa parte do trato este doulle os bois e doou á capela dita táboa.
Son moitas as tradicións ou rituais que facían neste día os veciños ou os devotos que viñan dende diversos pobos á romaría. Sen dúbida o que máis mozas levaron a cabo, o que mais perdurou no tempo, era o hábito de vir andando á romaría cunha pedra na boca. Segundo conta a lenda se unha moza solteira viña tres anos seguidos andando dende a casa cunha pedra na boca collería un bo mozo para casar con el.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s