Os meus

 

Germán copia

 

 

 

 

 

 

Santa María de Xuño, Laranga, 1966.

Nesta foto saen, de dereita a esquerda, meu avó Chuco (Francisco), o tío José, a avoa María, a tía Manuela e a tía Carmen acompañados do seu can chamado “Coma ti”. A historia de por que leva este nome non se sabe moi ben xa que llo puxo meu avó.
A foto é de hai 48 anos, da primavera do 1966. Esta data sabémola xa que sae o meu tío José e, actualmente, ten 49 anos. A foto fíxoa miña tía Joaquina (irmá do avó) pois quería levar algún recordo da familia a Londres onde traballaba como cociñeira. En toda España vívese un estado de ditadura encabezada por Francisco Franco.
Sitúase en Porto do Son, na parroquia de Santa María de Xuño, Laranga Nº 28. A foto sacouse no patio grande da casa, que antes era unha leira máis na que traballar.
Actualmente a casa está cerrada por muros. Dende hai arredor dun ano, o hórreo que se ve nesa foto, non está. O motivo foi que decidiron facer a rúa máis grande (traballo innecesario, creo eu) e para iso tiveron que tirar o noso hórreo e o noso muro xunto con outras edificación veciñas. E todos os veciños se viron na obriga de volver facer os seus peches sen ningunha axuda.
Dentro das historias persoais, comecemos pola do meu avó. Naceu o 2 de agosto de 1939 e finou o 9 de setembro de 1992, con 53 anos. Fillo de pai descoñecido e de nai chamada Matilde. Tiña un irmán (Manuel) e unha irmá (Joaquina). Traballou como canteiro, albanel e mariñeiro.
Ese 9 de setembro, como acostumaba facer, ía pasear só as vacas pola mañá. Un día foi pasealas polas lagoas de Xuño e de Sampedro de Muro e deulle un desmaio. Caeu na lagoa e os seus pulmóns enchéronse de auga ocasionándolle a morte. A familia soubo disto porque as vacas chegaron soas a casa. Para atopalo, a familia e veciños fixeron a ruta que facía sempre meu avó. Chegou a tarde, e un veciño confirmou a sospeita.
Miña avoa naceu o 15 de maio de 1942, ten 72 anos. Traballou nas fábricas de conservas e na terra. Desta aínda non se cansou porque aínda segue.
A tía Manuela naceu o 29 de setembro de 1943, ten 71 anos. A tía Carmen naceu o 23 de maio de 1946, ten 69 anos. A tía Nita, ven de Juana, (é a única irmá que non aparece na foto) naceu o 15 de xaneiro de 1957, ten 58 anos. As tías Manuela e Nita traballaron na fábrica e a tía Carmen como modista.
Meus avós paternos casaron no 1965 e tiveron dous fillos e unha filla. O maior o tío José, o que sae na foto, de 49 anos (1965) e traballa como xefe de máquinas dun barco. A mediana a tía Eva de 45 anos (1969) é ama de casa. O pequeno, meu pai, Francisco de 43 anos (1971) traballa como albanel. Como dato curioso, os irmáns naceron o 20 de outubro e a irmá o 21 de outubro.
Esa vestimenta era a que se usaba para traballar.
Naqueles anos na casa vivían 8 persoas (o bisavó José, a bisavoa Juana, as súas catro fillas, o avó e o tío José). As fillas comezaron a marchar cando casaron. Cando morreron os bisavós a casa herdouna miña avoa, na que agora ela vive soa.
Os avós conservaron a tradición ou costume dos bisavós de que a familia se xuntase con algúns veciños e amigos ao pé da lareira a contar catro contos. Para pasar mellor aquelas frías noites.

Germán Cameán Santos, 4º ESO

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s