O ESCRIBANO

Nesta imaxe dos anos cincuenta hai dúas rapazas falando na rúa Xesús. Axabier_2c rapaza da esquerda é a miña avoa, con tan só 12 anos. Levaba un vestido de cor rosa e unha diadema branca no cabelo. A rapaza da dereita, cunha saia branca e unha camisola, era unha amiga. A miña avoa saía todos os días á rúa a dar un paseo ou a xogar. Ao fondo da imaxe obsérvase a un home na porta da súa casa e a un matrimonio dando un paseo pola rúa. A casa que ten dous balcóns era a casa da miña avoa, que aínda vive nela. A casa é diferente da actual porque tiveron que reconstruíla. Era moi antiga, unha das primeiras desa rúa, de primeiros do século XX.

“O ESCRIBANO”

Dixeronme que, antes de viviren nesa casa os meus avós, vivía alí o escribano da vila do Porto do Son. Era un home moi maior, a piques de xubilarse; por el pàsaban todas as escrituras. Era moi coñecido polas súas borracheiras, que collía todos os fins de semana. Un sábado, aburrrido de traballar, como era o seu costume, foi tomar os chiquitos cos amigos. Estivou viño e máis viño polos bares da vila. Pola tarde, cando despertou de durmir a sesta, aínda seguía a estar borracho. Nun arrebato, seguramente farto daquela vida e daquel papeleo sen fin, colleu todos os escritos e foi poñerlle lume nunha leira que tiña. Acabou de queimar os papeis e volveu á casa. Horas despois, cando se lle foron pasando os efectos do alcohol, decatouse do que fixera. Como imaxinou que se cadra o fusilaban, desesperou, colleu unha corda e esganouse. Por iso, cada vez que vexo o gancho que hai no teito da casa da miña avoa, pregúntome se alí colgaría a corda o infeliz Escribano.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s