OS TRES IRMÁNS.

Os tres irmáns.

Os tres irmáns.

Mentres a cadela Laika orbitaba polo espazo o meu avó e seus irmáns sacábanse esta foto. Este era o primeiro ano que se xuntaban todos os irmáns en Francia, e quixeron mandarlle recordos aos seus pais que vivían en España.

Nesta foto, meu avó, José , o máis vello dos irmáns, está no centro , Enrique, ó que se pode observar á esquerda de meu avó, era o máis cativo, e por ultimo, á dereita, seu outro irmán Julio.

Estes tres irmáns despois de tempo sen verse reuníronse en Francia nese ano, 1959, para sacar esta estupenda foto para seus pais, que xa comezaban a botalos de menos.

Meu avó José foi o último en ir para Francia. El comezara a traballar dende neno, e máis tarde traballou nas minas “Hulleras de Sabero”(León, España) pero había unha enfermidade producida na mina chamada silicose, que ocorría pola inhalación de partículas de sílice, e por iso non quería traballar alí. Aí foi cando os seus dous irmáns lle dixeron que en Francia había traballo e podía ir.

Dende aquela sempre traballaron xuntos en Francia como albaneis, deixando a toda a súa familia en España, e volvendo só tres meses ao ano para vela, ata o seu retiro.

Eles percorreron diferentes lugares como a Illa de Ré, moi turística hoxe en día, e facendo amizade coa xente, chegando algún a visitalos despois de retirarse.

Todo isto foi o que resultou nesta fermosa foto que aínda gardaba miña avoa no seu álbum despois de tantos anos.


 

Clara Laranga, 2º D

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s