O traballo do meu avó.

Esta foto fíxose no ano 1950 (no verán), en Santa Uxía de Ribeira. Nela está meu avó Moncho, que é o primeiro empezando pola esquerda, tiña dezaseis anos. Como cada día, tíñase que levantar moi cedo para ir a traballar, o seu desprazamento era andando, tamén ía ás veces en bicicleta, que a comprara cos cartos que gañaba e coa axuda do seu pai.

El construía as chamadas Casas Baratas (eran casas para a xente máis humilde, de planta baixa e pegadas unhas ás outras), algunhas estaban situadas fronte o colexio Xeneral Franco; actualmente chámase o colexio público Francisco Franco!!

Sempre levaba o lonche (a comida, de lunch) nunha fianbreira feito pola súa nai. Acostumaba comer peixe, tortilla, empanada, chulas, carne… e mesmo caldo que era máis habitual no inverno.

O meu avó traballaba cun grupo de sete persoas, habíaos que eran maiores de idade e outros que aínda eran rapaces. Entre eles facíanse amigos e ao mesmo tempo que traballaban contábanse historias ou contos. Os máis cativos encargábanse de darlle a masa, para que os maiores, como meu avó (que era o encargado das obras), puidesen facer as paredes con tixolo e paleta; cada un tiña que usar as súas

Construíndo as Casas Baratas, Ribeira, 1950

Construíndo as Casas Baratas, Ribeira, 1950

propias ferramentas.

O meu avó, como era algo presumido, gustáballe levar os seus zapatos coa súa boina e como o resto dos seus compañeiros pantalóns frouxos e camisas, aínda que cada un tíñaos de diferentes cores e debuxos.

Á 13:00 paraba para comer máis ou menos unha hora, facíao no traballo, e se lle daba tempo deitábase un pouquiño. Cando volvía á casa xa era de noite.Chegaba moi canso do longo día de traballo, pola camiñata que tiña que facer e ás veces tiña que levar con el as súas ferramentas.

O meu avó seguiu traballando ata ir a mili aos dezaoito anos, aos vinte cando rematou a mili, volveu a traballar co seu pai, na súa empresa.Daquela non ían á escola e el tiña que facer os seus propios planos.
El esforzábase cada día máis para traer algúns cartos á casa.

Ángela Torres, 2ºD

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s