As tres Marías. Boel. Anos 50

dsc03236

 

AS TRES MARÍAS

A historia da miña imaxe remóntase ao verán dos anos cincuenta, cando miña avoa  tiña dezaseis anos. Na fotografía, vemos tres rapazas, a miña avoa e dúas compañeiras do taller de costura.  Acababan de comezar como costureiras no “Taller de María do Rulo”, en Boel, onde foi tomada a instantánea. Este edificio segue aínda alí, pero abandonado pola morte da dona.

As tres mozas chamábanse  “María”, de aí o nome que acompaña a esta foto: As tres Marías.

 

Daquela, por esa zona, só había un fotógrafo que traballaba polos arredores, o cal ía visitando as aldeas da comarca e cobrando unha peseta polo seu servizo. Miña avoa e as súas amigas tiñan moitas ganas de ter unha foto, así que foron vestidas coas súas mellores galas, ou iso tentaron, porque a diferenza das outras dúas, ela non tiña un vestido que estrear.

A pesar de non ter moitos recursos, cun pouco de enxeño conseguiu tamén ter unha roupa un tanto “rechamante” para a foto.

Contoume que colleu prendas do taller, unha blusa branca, unha saia vermella e un pano amarelo e verde de flores do que segue lembrándose. Estivera moi nerviosa, porque esa roupa non era súa e podía ser despedida polo que acababa de facer, e aínda que a súa xefa acabou por descubrir semellante artimaña, non lle berrou, senón que incluso lle fixo chiste.

Aquela converteuse nunha das poucas fotos que a miña avoa conserva da súa infancia, e é ademais, a primeira que puido pagar co seu soldo, por iso esa imaxe é algo tan importante para ela.

Antía Piñeiro. 4º ESO B

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s