A avoa Gloria. Portosín. 1941

Natalia Agraso I

A avoa Gloria.

No traballo de investigación a partir das imaxes, a protagonista será a miña avoa Gloria, de 74 anos, xa que é a persoa de máis idade que teño preto e pensei que me podía contar moitas historias interesantes sobre o seu pasado. Aportoume tamén datos sobre o lugar no que vivo e sobre a miña familia.

Natalia 1Nesta fotografía podemos apreciar –non moi claramente, pois é do ano 1946- dúas rapazas na escola. A da esquerda é a miña avoa Gloria, con cinco anos. A súa irmá Carmen, a rapaza da dereita, tiña tres anos. A escola á que ían estaba en Portosín, ao lado da antiga fábrica de conservas, preto da que fora ata hai pouco Casa da Cultura. Por asistir á escola debían pagar cinco pesetas ao mes por rapaz. A mestra era dona Adelina de Poque. A miña avoa lembra que poñía uns castigos bastante peculiares… Como nas aulas había moita xente, adoitaba haber moito barullo e a mayoría das veces o comportamento dos rapaces e rapazas non era moi bo. Gloria tamén conta que ten feito algunha trasnada. A mestra vivía soa coa súa nai, que xa era maior. Poñía castigo ir á súa casa a coidala e a ferverlle o leite.

Aos oito anos debían cambiar de escola. Desta vez ían a unha pública e gratuíta, á que se chegaba cruzando o lugar da actua ponte da praia de Coira. A profesora era dona Quecha de Ferrer.

En 1949 Gloria fixo a primeira comuñón. Celebrábase o día da Divina Pastora, mais debían seguir levando as vestimentas brancas ao longo de todos os domingos do mes de maio, para botarlle versos á Pastora na igrexa de Portosín.

Xa con catorce anos, rematada a escola, traballa na panadaría familiar axudando a súa nai. A miña avoa encargábase de repartir os encargos de pan pola aldea e ao bar que había, “o bar de Argemiro”. Facíao levando unha cesta co pan na cabeza. O negocio da panadaría nunca deixou de funcionar. Onde traballaba a miña bisavoa é a súa actual casa, na estrada principal de Portosín. Máis tarde o baixo do lado convertiuse na panadaría onde hoxe en día traballan meus pais.

Con dezaoito anos Gloria entra a traballar na fábrica de conservas de Portosín, cuxo dono era don Daniel Vázquez. NataliaEla encargábase da máquina que tapaba as latas de conservas. Lembra que se erguía todos os días ás sete e media da mañá e que non volvía ata pasadas as dez da noite. Recoñece que era un horario duro, “mais era o que había”.

Nesta imaxe aparecen Carmen de Colón, Gloria e o chofer da señora Elvira apoiados nun dos camións de reparto da fábrica onde as dúas traballaban. Pero tamén pasaban pola aldea medios de transporte tan peculariares como este sidecar. Da praia que está detrás na fotografía hoxe prácticamente non queda area.

As catro amigas que aparecen na instantánea -Carmen, Gloria, Carmen e Amparo- pola estrada xeral, preto do actual Natalia Agraso II - copia (2)Banco de Portosín, dirixíanse a dar un paseo como acostumaban facer cando non traballaban, pois “non había moitas máis cousas que facer”, conta a miña avoa.  Actualmente non se asemella en absoluto a esa época. Antes podiamos ver árbores a ambos lados dunha ría pola que apenas pasaban coches. Agora hai unha estrada con tráfico continuo, rodeada de enormes bloques de edificios sen ningún tipo de vexetación arredor. Posto que as fotografías eran tomadas por un fotógrafo que pasaba polo pobo todos os domingos, podemos situar a imaxe nun domingo de 1958, pois as mozas tiñan daquela dezasete anos.

No último día da festa do inverno do “día dos Dolores”, celebrábase unha procesión como a que se pode ver na imaxe. A miña avoa conta que as festas eran parecidas ás de agora. Aínda que se lle daba máis importancia ás misas. Dende as nove da noite ata a unha da madrugada, bailaban ao son da orquestra que ía cada an ao pobo.

Natalia Agraso II - copia (3)

Preguntándolle sobre como se divertían os rapaces e rapazas daquela, contoume os seus pasatempos, para os que non precisaban moito. As rapazas xogaban á mariola ou saltaban á comba. Cando os amigos estaban reunidos, pasaban o tempo contándose contos ou xogaban aos pelouros. Daquela non había televisións.A primeira que veu ao pobo foi en 1961, á casa do Pescador. Todos estaban “convidados” a vela, mais debían pagar unha peseta cada ve que entraban no domicilio, algo co que os rapaces non estaban nada de acordo, pois non había servizos e debían saír fóra. No fogar da miña avoa tiveron o primeiro televisor en 1968. Daquela había seis en todo Portosín.

Seguindo coa súa biografía, o acontecemento que segue de máis relevancia é a súa voda. Con 22 anos, en 1963, contrae matrimonio co meu avó Juan. Un dos comentarios de Gloria ao falar desta cerimonia foi: “Non penses que as vodas eran como agora -con tanta festa!”. Ao rematar o rito na igrexa facían un pequeño banquete na casa. Preparaban biscoitos ou churros con chocolate e daban por concluído o cortexo.

Anos máis tarde seguían a celebrar deste xeito as comuñóns dos seus fillos. En 1964 teñen o seu primeiro fillo, Juan. En 1968 nace o segundo, Miguel, meu pai.

Natalia Agraso III - copia (2)
Todos os xoves e domingos os rapaces e rapazas de Portosín facían un pequeño baile ou interpretaban unha peza de teatro para a xente da aldea, que acudía para divertirse un pouco. Ensaiábaos Marita e o cura párroco don Álvaro.

Os meus avós ían ao cos fillos ao cine pola mañá e ao teatro pola tardiña. Ao rematar a sesión de cine retiraban as butacas para representar as obras. Pagaban dez pesetas por persoa. O establecemento correspóndese co actual negocio de Benedicto en Portosín.

O que ningún dos meus avós lembraba eran historias da época de Franco. Recorrín ao meu pao para que relatara algunha anécdota das que sabía. El conta que todos os días, á hora de xantar, sentaba nos xeonllos do seu avó e este relatáballe unha e outra vez os recordos que tiña da época franquista. Como ao meu avó José se lle daba moi ben a mecánica, traballaba como “chofer” dos mandos militares franquistas. É por iso que se sentía algo “protexido”.  A maioría da poboación se sentía atemorizada ante os policías e militares. Dábanse casos de delacións entre veciños que tiñan ideoloxías opostas. Apunta tamén que o seu avó lle dicía que os militares entraban nas casas e levaban a xente de ideoloxía contraria a Franco. Desgraciadamente, a maioría destas persoas non volvía.

Daquela non dispoñían de medios de comunicación como os que temos hoxe en día; non estaban ao tanto do que estaba a ocorrer de forma obxectiva, dende outro punto de vista diferente ao que mostraba o réxime. Se algún veciño tiña unha radio, xuntábanse para escoitar a “Pirenaica”, para así poder enterarse dos ataques militares e dos acontecementos máis recentes.

Natalia Agraso Fábregas, 4º ESO B

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s