Orseño,1969.

Xosefa, Dolores del Carmen e María CameliaEsta foto fixérona no ano 1969 ou 1970. A finais do verán. A etapa histórica na que foi tomada a foto é na época franquista. No concello de Porto do Son, na parroquia de Nebra; dentro desta, na aldea de Orseño. Antes a miña avoa cultivaba na leira que aparece á esquerda da imaxe, millo, pero agora, alí só hai un pequeno campo. O estreito camiño público que había á dereita do piorno convertérono nunha estrada asfaltada e amplia. O hórreo segue igual, pero non alberga nada dentro, pois hai uns anos que non plantamos millo. A miña casa pintárona, botáronlle cemento á eira, colocáronse fiestras novas…

Dolores del Carmen Sanlés Sobrado: é a miña madriña, curmá da miña nai. Viviu na aldea de Orseño ata os 15 ou 16 anos, que se independizou e foi vivir á Coruña, alí casouse e formou a súa familia. Actualmente segue vivindo alí. Xosefa Sobrado Blanco: É a miña bisavoa. Non a coñecín, pois morreu 3 ou 4 anos despois de que fose tomada a foto. Mª Camelia Mayán Sanlés é miña nai. Viviu sempre en Orseño e segue vivindo alí. As mulleres vestían unha roupa escura e sempre levaban saias ou vestidos que as cubrían case ata os pés. Os homes, habitualmente, poñían pantalóns con tirantes e boinas. Os rapaces e rapazas vestías roupas curtas. As vivendas de antes estaban feitas de pedra e barro. O chan e as ventás eran de madeira. Nunha parte da planta baixa estaba a cociña, cun forno e unha lareira, e na outra parte estaban as cortes, para gardar os animais. Os homes traballaban a terra e as mulleres axudábanos, coidaban os animais, facíanse cargo dos fillos e da casa, e algunas ían traballar á fábrica. Comíase boroa (pan de millo) e a miúdo comían empanada, cocido, caldeirada, guiso… Tiñan como costume ir á misa os domingos e días santos.

O río da Coxa

rio da cozxaHai algún tempo, a finais dos anos 60, ocorreu una tráxica morte na aldea de Orseño (Nebra). Polo medio de Orseño pasa o río Quintáns, e como era necesario cruzalo fixéranse uns pasais de pedra. Todas as persoas os utilizaban, pero había una muller que ao facelo caía ao río, porque estaba coxa da perna esquerda e necesitaba usar caxato para sosterse en pé. Chamábase Ramona e tiña uns 50 anos. O seu marido era soldado e morrera na guerra civil e non tiña fillos, por iso para poder comer tiña que cultivar millo, verdura…na única leira que posuía. Pero a leira estaba ao lado do río contrario a onde vivía. A xente metíase con ela e todos se rían dela, excepto algunas persoas, entre as que estaba a miña bisavoa, Pepa (Xosefa). Pepa axudábaa no inverno, pois o río levaba moita auga e se Ramona caía podía afogar. Anos máis tarde, polo 73, miña bisavoa morreu e Ramona tivo que ir a plantar para poder comer. Empezou a cruzar os pasais con brincos temerosos, a perna útil tremíalle incontrolablemente, pero…estábao conseguindo! Só lle quedaban 3 dos 10 pasais, entón un grupo de 7 ou 8 rapaces saíron de detrás dunhas árbores e Ramona asustouse, caeu no bravo río e afogou nel. Os rapaces non voltaron a falar dende que a viron morrer, dende que viron o cadáver dunha muller coxa, flotando inerte río abaixo. O cadáver de Ramona non se atopou nunca e a súa casa quedou cuberta por silvas, ao igual que a entrada aos pasais. Debido ao accidente contruíuse una pontella. Pero no honor de Ramona, o tramo do río que pasa por Orseño e os pasais reciben actualmente o nome de pasais da Coxa e río da Coxa.

Anahí González Mayán, 1º ESO

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s