O muíño do señor Juan. 1933, Porto do Son.

Juan. 1933, Porto do Son. Foto de Ramón Caamaño.

Un home nado no século XIX, un emigrante retornado que viviu na Arxentina, de onde trouxo novas ideas á vila, mandou construír o único muíño de vento deste tipo que houbera, ata aquela data, en Porto do Son (aparello que foi inventado en América no ano 1854). Este muíño, servía para extraer a auga do pozo e levala ata un depósito, desde onde se abastecía toda a horta, regábanse os cultivos, como a vide, millo ou as patacas. Máis tarde, tamén subministraba auga na casa, pois non había auga da traída. Foi mandado construír polo meu tataravó, (o home que aparece na foto). Alcumábano Juan de la Parra (alcume que lle puxeron por chamar á vide parra, como se dicía en Arxentina). O muíño era moi alto e víase dende calquera lugar da vila, co seu catavento en forma de frecha indicando a dirección do vento. Esta foto foi feita por un fotógrafo coñecido na zona, chamado Ramón Caamaño. Era de Muxía, pero frecuentaba moito Porto do Son, coa súa cámara ao lombo. Daquela, moi pouca xente tiña cámara fotográfica para retratarse; un feito moi distinto ao dos selfies de hoxe en día. Só se sacaban fotos en ocasións especiais, coma festas ou romarías, sempre e cando o fotógrafo pasara pola vila. O motivo desta foto é a inauguración do muíño. A horta da foto está en Santa Irene, á beira do colexio. Hoxe en día, xa non existe tal como era. No lugar onde estaba situado o muíño hai unha chea de edificios. A nosa vila a principios do século XX era moi rural, cunhas poucas casas de pedra de planta baixa, con moitas hortas polo medio onde a xente cultivaba produtos de primeira necesidade e criaba os animais para alimentarse todo o ano, coma porcos ou galiñas. Tamén en Porto do Son, coma en calquera vila mariñeira, era moi importante a pesca, sendo esta outra labor de subsistencia nun tempo en que o comercio era case nulo e os medios de transporte practicamente inexistentes. A xente tiña que encargarse do seu propio abastecemento, nun sistema de troque no que cada un aportaba o que tiña a man. En moitas ocasións non se utilizaban os cartos senón a materia prima: leite por peixe, traballo por comida… etc. Eran tempos duros, impensables na actualidade, e iso que aínda non empezara a Guerra Civil, a fame, o racionamento; isto, aínda, é outra historia.

Irene Fajardo

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s