A esfolla. Outubro de 1947. Cruceiro de Tores.

Outubro de 1947. Cruceiro de Tores.

Outubro de 1947. Cruceiro de Tores.

Fixeron a foto en outubro de 1947 no Cruceiro de Tores, Porto do Son. Nela aparecen meus tataravós e dous dos seus fillos. Un é meu bisavó e o outro o bisavó dun amigo da miña mesma idade.

Atópanse nunha leira de millo e posiblemente no momento do descanso . Unha tarefa moi común nas aldeas galegas era e segue sendo a esfolla do millo. A verdade é que cambiou un pouco a forma de facelo,pero eu mesma me asombrei cando me decatei de que as diferenzas entre como se facía antes e como se fai agora non son tan grandes, sen ter en conta o avance das tecnoloxías.

Nun principio botábase o millo entre abril e maio e logo, recollíase entre os meses de outubro e novembro. Utilizando un fouciño cortábase a planta e colocábase en calcos, deixando pasar uns días para secar ben e empezábase a esfollar. Isto facíase en todas as leiras. Se se tiñan as leiras separadas unhas das outras traíanse os pés de millo para a leira que quedara máis preto da casa e así telo todo xunto para o día da esfolla.

O día de esfollar xuntábanse os veciños e familiares. Case sempre eran os homes os que ían atando os monllos (máis ou menos seis ou sete pés de millo) e levando as espigas ao carro mentres as mulleres esfollaban. Os monllos xuntábanse formando palleiros unha vez que a esfolla acabara. Destes palleiros sacábase a palla que comerían os animais durante todo o inverno.

Ó chegar a media mañá, o dono da casa traía nun cesto un almorzo para facer un descanso e logo continuar co traballo.

As espigas botábanse co cesto ó carro das vacas para levalas á eira onde estaba o hórreo e tirábanse no chan para gardalas despois de comer. Escoller o millo era un traballo sinxelo, só había que sacarlle as puntas , limpalo se había algún gran podre e sacarlle a barbuxa. As espigas botábanse no hórreo onde quedaban gardadas para facer fariña para os animais.

Na actualidade apenas se ven palleiros de millo,esfóllase a pé porque a xente xa non quere a palla.

Sheila Ares Maneiro 4ºA

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s