O meu Son, a finais do século XIX

Porto do Son, finais do XIX

Había unha vez un pequeno pobo entre o mar e o monte. Nel as súas xentes vivían a revolución de 1868, a Primeira República, a volta dos Borbóns a España e a guerra cos Estados Unidos.

Nesta imaxe, tomada dende a entrada Este da vila de Porto do Son, apréciase a praia do Cruceiro (atracción turística na actualidade), o monte Louro na lonxanía e a Atalaia (onde se sitúan a capela e a Sagrada).

Antes os edificios eran de menor tamaño e con materiais menos modernos, hoxe en día derrubados ou restaurados.

A igrexa de San Vicente de Noal non aparece na imaxe xa que o seu emprazamento está máis cara a dereita. A zona da lonxa era máis pequena, e o peirao case nin existe, debido a que foi construído recentemente e os barcos atracaban na praia. Aínda non estaba levantado o muro que protexe o porto dos temporais da ría, nin os faros que indican a entrada a este. O paseo cara a igrexa era un camiño e a estrada o mesmo.

A finais do século XIX no pobo predominaba o sector primario, concretamente a pesca. Actualmente o sector terciario toma importancia na oferta de emprego; seguido do secundario, repartido en partes iguais entre a industria e a construción o que favoreceu a modernización das estructuras. Porto do Son mantén a importancia do sector primario dentro da súa estrutura económica, baseado no mar.

No pobo produciuse un cambio importante, adaptándose aos novos tempos, mais segue tendo ese aire de pequeno pobo mariñeiro que non morrerá nunca.

Manuel Castelao Ouzande

___________________________________________________________________

Nesta foto podemos ver como era Porto do Son no ano 1957/58 aproximamente, vese o peirao antigo ó lonxe e algunhas das vivendas que existen e existían antigamente. Ao fondo da fotografía vese Monte Louro e por debaixo San Francisco pertencentes a Muros. Volvendo cara o máis preto da fotografía podemos ollar o peirao; vese que cambiou demasiado comparado co que temos agora que está en construción. Nótase que foi renovado, porque ten unha parte na que agora xa non existe e o peirao está agora máis grande en lonxitude e anchura. Ademais, o final do peirao están as pesas de xeito nelas pescábanse as sardiñas, despois diso levábannas á fábrica do salazón e alí mandábanse a cidades máis importantes. Despois, indo á dereita da foto vense unhas antigas vivendas, entre elas está a fábrica de salazón como dixen anteriormente e tamén estaban a horta e a fábrica de Ferrín. As vivendas estaban moi preto da praia, cando había marea viva as veces o auga entraba nas casas, pero agora aumentouse moito máis a esplanada mellor dito a rúa na que agora pasa a estrada. Por riba das casas encóntranse as escoliñas onde antigamente ía a xente estudar pero agora estas escoliñas xa non existen desde fai tempo, agora o colexio instalouse noutro lugar chamado Santa Irene. Onde estaban situadas as escoliñas non estaba moi urbanizado, aínda que agora case todo Porto do Son está moi urbanizado. Alí tamén estaban colocados os hórreos nos que a xente gardaba o millo ou materiais que necesitaban. Polo que supoño nesta foto, a xente que vivía nesta época era traballadora e moi tradicional ademais de moi tranquila pero agora nótase que a xente cambiou e como tamén a tecnoloxía foi mellorando durante todos este anos e fixo que a xente utilizase máis as máquinas que a man de obra.

Laura Alvite

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s